Neste curso trátanse contidos terminolóxicos relacionados coa tradución e interpretación de textos especializados. A modo de introdución, realízase unha caracterización das linguas de especialidade e dos ámbitos temáticos, xéneros textuais e tipoloxías documentais. Analizaranse os problemas terminolóxicos de tradución, a importancia do traballo de corpus para documentar solucións e as estratexias tradutoras, así como o concepto de variación terminolóxica e relacións semánticas (homonimia, polisemia, sinonimia e hiponimia e hiperonimia).