Primeira edición das actas A avaliación nesta primeira oportunidade é a que aparece arriba. Cada un dos dous traballos suporá o 50% da nota final. Para facer media haberá que obter unha cualificación mínima de 4 en cada traballo. Para aprobar a materia haberá que obter unha media igual ou superior a 5. Segunda edición das actas Na segunda edición das actas, no mes de xullo, avaliarase a materia consonte os mesmos criterios da primeira edición. O alumnado poderá presentar os traballos nas dúas linguas oficiais de Galicia. Avaliarase, independemente dos contidos, a calidade lingüística do texto e poderanse penalizar os erros ata 0.4. Das 31 competencias establecidas inicialmente para esta materia na memoria do título decidiuse avaliar unicamente as 14 que aparecen marcadas. Débese entender que se adquiren non totalmente. A adquisición total das competencias conséguese no conxunto da titulación. |