Outros |
Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención personalizada por parte do/a titor/a académico/a en modalidade presencial (no despacho durante o horario de titorías) e/ou en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma Faitic e o correo electrónico). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa planificación do prácticum (obxectivos e tarefas a desenvolver) e a elaboración da memoria de prácticas, proporcionándolles orientación, apoio e motivación. |
|