Este curso ofrece unha introdución á lingüística de corpus e á metodoloxía basada en traballos de corpora para o estudo da lingua inglesa. Trataranse aspectos de deseño, compilación e análise de materiais de corpus. Nas sesións prácticas o alumnado aprenderá a facer buscas con ferramentas software. O alumnado desenvolverá a habilidade de describir e debater a variación lingüística e a determinación do cambio e variación lingüísticos por medio de exemplos en corpus.
As/os estudantes deste curso adquirirán competencias en:
• os principios e metodoloxías da lingüística de corpus da lingua inglesa;
• o uso práctico de corpora e ferramentas software;
• debater lecturas no eido da lingüística de corpus;
• presentación dos resultados da súa investigación.