Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Doblaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos O alumno realizará varios exercicios que conteñen estudos de caso. Terá que avalialos criticamente e dar opcións alternativas de tradución, se o considera oportuno. 20 B1
B4
B11
B12
C3
C5
C52
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumno realizará unha proba na que terá que dar conta da súa capacidade para analizar polo miúdo varios estudos de caso. Nesta proba cómpre que demostre o dominio teórico-metodolóxico da materia. 30 B4
B11
C3
C5
C49
C50
C51
C52
Traballo O alumno realizará un traballo de curso. No caso de alumnado de nivel inicial consistirá nunha tradución-borrador. No caso de alumnado de nivel avanzado poderá escoller entre (a) unha tradución axustada e (b) unha análise crítica dunha tradución existente. 50 B1
B4
B7
B11
C3
C5
C52
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

** PODERANSE DESCONTAR ATA 2 PUNTOS POR FALTA DE ORTOGRAFÍA EN CALQUERA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADAS ARRIBA

------------------------


CRONOGRAMA DA MATERIA (pode sufrir pequenas modificacións por temas de calendario e axuste da visita ao estudio de dobraxe)

- Xornada de presentación da materia (PRESENCIAL e a través de UVigo-TV): obxectivos, temporalización, avaliación

- Semanas 1/2: lecturas e participación do alumnado no foro de lecturas (1ª tarefa avaliable) (Coord.: Lourdes Lorenzo)

- Semanas 3/4: linguaxe cinematográfica (Prof. Hugo Fernández) e participación do alumnado no foro correspondente

- Semana 5 (PRESENCIAL): visita a estudo de dobraxe de Galicia

- Semanas 6/7: exercicios e estudos de caso en foro (dobraxe1/2: nivel inicial; dobraxe 4/5: nivel avanzado) (2ª tarefa avaliable) (Coord.: Lourdes Lorenzo)

- Semanas 8/9: exercicios e estudos de caso de entrega individual (dobraxe 3: nivel inicial; dobraxe 6: nivel avanzado) (3ª tarefa avaliable) (Coord.: Lourdes Lorenzo)

- Semana 10: axuste (Prof. Rosa Agost) e participación do alumnado no foro correspondente

- Semana 11: elección e preparación do traballo de curso, que será a 4ª tarefa avaliable (tutela continuada por parte da coordinadora)

- Semana 12: repaso e dúbidas da materia, con vistas ao exame final (5ª tarefa avaliable)

-------------------------------------------------------------

Segunda edición de actas (xullo) e posteriores convocatorias:

O alumno poderá optar por UN dos dous sistemas de avaliación contemplados na primeira edición de actas, que recibirán un 100% da cualificación:

(a) Traballo tutelado: pode ser o mesmo suspenso previamente reformulado ou un novo
(b) Exame teórico-práctico: (2ª edición de actas) colgarase en faitic nunha data acordada previamente co alumnado.

EN TODO CASO O ALUMNO HA DE COMUNICAR CON PRUDENTE ANTELACIÓN QUE SISTEMA DE AVALIACIÓN SEGUIRÁ.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000