1. AVALIACIÓN CONTINUA (asistencia a clase dun 80%): A nota
resultará da ponderación das calificacións das exposiciones en
clase, o traballo escrito e as probas de resposta larga e o análise
de textos. Será requisito para superar cada unha destas
actividades a correcta exposición oral e escrita, é dicir, o uso
pertinente dos signos de puntuación, a corrección ortográfica, o
orde e claridade expositiva e a limpeza dos exercicios. Naquel tipo de probas (traballos escritos) no que se haga uso de fontes
bibliográficas secundarias, estas terán que aparecer referidas
adecuadamente. Plaxiar unha fonte, é dicir, transcribila literalmente facéndoa pasar por discurso propio, invalidará inmediatamente o
exercicio. A data da proba-exame coincidirá con aquela fixada oficialmente pola Facultade para o alumnado de avaluación única. 2. AVALIACIÓN ÚNICA As
alumnas e alumnos que non poidan asistir ás clases terán que
realizar, ademais de proba-exame (véxase o item 'Outros' no tipo
de probas), un traballo sobre algún aspecto relativo aos contidos da asignatura. Por esta razón, é importante que se poñan en contacto
con profesora durante as primeiras semanas do cuadrimestre. Neste caso, o valor do traballo será do 25% e o da proba-exame
do 75%, o que significa que será preciso aprobar esta última proba
para sumar a nota do traballo. Proceden, igualmente, para aprobar, os requisitos indicados a propósito da evaluación continua. A proba-exame realizarase na data fixada oficialmente pola Facultade. 3. SEMIPRESENCIALIDADE O
alumnado semipresencial terá que realizar a proba-exame (de
características similares ás da evaluación continua) ademais de
resolver algunhas probas de resposta curta e larga que se realizarán a
través da plataforma virtual. Realizará tamén un breve traballo
(sobre algún/s aspecto/s das obras de lectura obligatoria) a través
do cal dar conta das súas capacidades críticas e analíticas. Os requisitos para superar estas probas son idénticos ós da evaluación continua (véxanse arriba) A proba-exame celebrarase na data fixada oficialmente pola Facultade. 4.
CONVOCATORIA DE XULLO. En todos os casos, a convocatoria de xullo
terá lugar na data fixada pola Facultade. Nesta convocatoria, a avaliación realizarase a través de probas de reposta curta, de
probas de ensaio a de análise de textos. |