Actividades introdutorias |
Nas primeiras horas de docencia presencial das dúas partes está prevista unha sesión informativa a todo o alumnado, anticipando e aclarando as cuestións relativas ao desenvolvemento do curso. Así mesmo, serán utilizadas estas horas para a explicación da metodoloxía que se seguirá nas clases prácticas, especialmente no relativo ás tarefas e traballos de aula. |
Lección maxistral |
Nas clases teóricas presentarei ao alumnado cada un dos temas de maneira organizada, proporcionándolle a bibliografía precisa. No caso do réxime semipresencial o alumnado disporá da información fornecida polo profesor a través das titorías, tanto presenciais como a través do correo electrónico, así como o material fornecido na plataforma FAITIC |
Eventos científicos |
Está prevista a visita dun/a especialista na materia que pronunciará unha conferencia, en horas presenciais, sobre un dos contidos do programa, e sobre o que o alumnado, tanto presencial como non presencial, terá que facer un traballo. Para ese efecto, o alumnado semipresencial tamén disporá dos materiais precisos para desenróloo desta actividade. |
Traballos de aula |
Complemento das sesións maxistrais, nas horas prácticas serán expostos os conceptos teóricos a un grupo máis reducido do alumnado. O alumando semipresencial tamén disporá dos materiais precisos (sexa a través da plataforma de ensino virtual ou por correo electrónico) para avanzar en cada unidade temática. |
Titoría en grupo |
Horas de asistencia obrigatoria para todo o alumnado, fixadas no horario oficial, nas que se aclararán cuestións e resolveranse dúbidas previas ao exame ou á resolución de traballos, especialmente os relativos á práctica do comentario literario de textos. O alumando de réxime semipresencial cumprirá coas esixencias deste tipo de matrícula en canto ao número de tutorías obrigatorias, dúas polo menos, ademais doutras que se acorde co profesorado. |