Lección maxistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar
coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos
que aseguren a comprensión dos contidos. |
Traballo tutelado |
O alumnado presentará individualmente un traballo sobre un tema ou unha obra literaria en galego ou en portugués, que forme parte do corpus tratado nesta disciplina (no marco das épocas e autoras estudadas). O tema do traballo será acordado coa docente e supervisado por ela. Avaliaranse os resultados e a expresión escrita. |