Será de lectura obrigatoria o Libro de Rafael *Lapesa: Historia da lingua española. Realizarase un resumo da lectura de 30 páxinas (traballo 40%). O primeir exame de preguntas obxectivas realizarase a finais de outubro e a segunda a primeiros de decembro. As datas fixaranse de acordo co alumnado e o seu avance no traballo. Haberá una exposición na aula dos temas da historiografía española (está incluído no 40% do traballo) a data tamén será pactada polo profesor e o alumnado.Este último mandarase por correo electrónico. ALUMNADO PRESENCIAL: - Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas beneficiaranse do dereito á avaliación continua. Por iso, deben acudir a un mínimo do 80% das clases, é dicir, os alumno e as alumna serán avaliados con este sistema, se asisten a 38 horas de clase ou máis. Os alumnos e as alumnas que por razóns xustificadas non poidan participar regularmente nas sesións, debe comunicalo a profesora por correo electrónico nas primeiras semanas do curso. Para a avaliación continua, é obrigatoria a entrega das prácticas e traballos fixados pola profesora. De optar pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión á profesora por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. A avaliación única consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade. - Na 2ª edición das actas, do mesmo xeito que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade. ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: - Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. Independentemente do método de avaliación elixido, recoméndase asistir á presentación da materia e ás clases que sexan posibles. - Na 2ª edición das actas, do mesmo xeito que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade. |