Traballo tutelado |
Alén das indicacións precisas que se proporcionarán o segundo e terceiro día de aulas para poder desenvolver o traballo, ó longo do curso atenderanse, tanto na aula coma no despacho nas horas de titoría, as consultas individuais que haxa verbo da súa elaboración.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL poderá realizar as consultas sobre a elaboración do traballo a través da plataforma Faitic, do correo electrónico ou, preferiblemente, nalgunha titoría. Se a cantidade de alumnado semipresencial así o aconsellar, poderase realizar algunha titoría en grupo, tipo seminario. |
|