1. AVALIACIÓN CONTINUA (asistencia ás clases, 80%)
A nota final resultará da suma das cualificacións dos traballos de aula, as probas de resposta curta e un exame que constará de probas de resposta longa así como tamén dalgún comentario sobre un fragmento sacado dunha das obras de lectura obrigatoria. O maior valor en porcentaxe desta proba (exame) obedece ao feito de ser aquela que mide, ao final do cuadrimestre, as competencias e habilidades desenvolvidas polo alumnado ao longo do mesmo.
Será REQUISITO para aprobar cada unha destas actividades a correcta expresión oral e escrita (uso pertinente dos signos de puntuación, corrección ortográfica, orde e claridade na exposición e limpeza dos exercicios).
A data do exame será a mesma que a da avaliación única, fixada oficialmente pola Facultade.
2. AVALIACIÓN ÚNICA
As alumnas e alumnos que non poidan asistir ás clases terán que realizar, ademais do exame (na data fixada pola Facultade), un traballo sobre algún aspecto relativo ós contidos da materia. Por esta razón, é importante que se poñan en contacto coa profesora nas primeiras semanas do cuadrimestre.
Neste caso, o valor do traballo será do 30% e o do exame do 70%, sendo preciso aprobar o exame para sumar a nota do traballo.
Proceden, igualmente, para aprobar, os requisitos indicados a propósito da avaliación continua.
3. SEMIPRESENCIALIDADE:
O alumnado que opte pola semipresencialidade terá que responder a probas de resposta curta y de resposta longa (ben en forma de ensaio o de análise de textos). As primeiras desenvolveranse a través da plataforma virtual e as segundas a través dun exame que se celebrará na mesma data fixada pola Facultade para a avaliación única. Terá que realizar tamén un breve traballo, sobre algún tema ou aspecto relativo aos contenidos da materia, que poña de manifesto a súa capacidade crítica e analítica. O tema deste traballo facilitarase a través da plataforma virtual.
4. CONVOCATORIA DE XULLO. Terá lugar na data oficial fixada pola Facultade. Nesta convocatoria, a avaliación consistirá en probas de resposta curta e longa.