Lección maxistral |
O profesor explicará os contidos da materia. A continuación, o alumnado deberá expor preguntas, obxeccións, críticas, valoracións. Penalizarase a pasividade en clase, ou a ausencia de intervencións. O alumnado debe facer preguntas ao profesor constantemente sobre os contidos da materia. Todo o alumnado, tanto o presencial ou que siga a avaliación continua como o non presencial ou que siga só a avaliación final, poderá seguir as sesións maxistrais a través de internet, correo electrónico e as gravacións das sesións que o profesor fará públicas. O profesor informará o alumnado das ligazóns de internet onde poderá acceder ás sesións maxistrais gravadas. |
Traballos de aula |
Traballos de análise literaria dos textos presentados nas clases. Estes traballos, así como as intervencións orais respecto diso, serán obxecto de avaliación para o alumnado que siga a avaliación continua ou alumnado presencial. Non o será para o alumnado que siga a avaliación final ou única, é dicir, para o alumnado non presencial. |
Presentación |
Exposición oral dos traballos da materia. Valorarase de forma específica a claridade expositiva e o uso correcto dos conceptos e contidos, así como o uso e dominio dun rexistro lingüístico adecuado á situación. Estes traballos, así como as intervencións orais respecto diso, serán obxecto de avaliación para o alumnado que siga a avaliación continua ou alumnado presencial. Non o será para o alumnado que siga a avaliación final ou única, é dicir, para o alumnado non presencial. |
Prácticas en aulas informáticas |
Proporcionarase ao alumnado materiais de traballo, que requirirán o uso de equipos informáticos, ou dunha aula informática: documentación, información, exercicios, materiais docentes e recursos audiovisuais (vídeos docentes, dispoñibles en UVIGO TV). Será necesario o uso de correo electrónico para recibir a información que enviará semanalmente o profesor. Será necesario dispor dunha conexión a internet e seguir os materiais do curso desde esta páxina da Universidade de Vigo (é obrigatorio para todo o alumnado, tanto presencial ou de avaliación continua como non presencial ou de avaliación final ou única rexistrarse nesta plataforma informática):
https://mooc.campusdomar.es/courses/course-v1:UVigo+QLC001+2015/about |