Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos científicos Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates etc., impartidos por relatores de prestixio e que complementen a formación do alumnado.
O alumnado semipresencial poderá ter información destas actividades.
Resolución de problemas Acitividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia contida en cada un dos bloques temáticos e subapartados. Para o alumnado semipresencial faranse seminarios especiais cada catro semanas para resolución de problemas e exercicios.
Presentación Exposición inidividual oral por parte do alumnado dun traballo sobre un dos subtemas do programa. O alumnado semipresencial fará estas exposicións nas sesións de seminarios ou titorías expresamente sinaladas para el. Flexibilidade de datas para facilitar a conciliación.
Traballo tutelado Elaboración dun traballo proposto polo docente que permita avaliar o coñecemento oral e escrito do alumnado no relativo ao dominio da lingua, técnicas e métodos de comunicación e exposición etc. Nas titorías ou seminarios para alumnado semipresencial tamén se avaliará a corrección oral.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre un tema, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas, directrices dun traballo ou exercicio etc. Ao alumnado semipresencial facilitaráselle por teledocencia ou en titorías ad hoc todo tipo de materiais empregados nas aulas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000