Eventos científicos |
O alumnado pode e debe participar en outras actividades de carácter formativo que se organicen na Facultade (conferencias, mesas redondas, presentacións de libros...).
Cada actividade será despois comentada na aula. A non participación na actividade terá un valor negativo na cualificación final da materia. O alumnado semipresencial está exento desta tarefa |
Traballos de aula |
Abordaremos de maneira práctica, traballando sobre textos particularmente preparados ao efecto, os materiais teóricos. Na parte final da asignatura abordaremos a análise textual dende as distintas metodoloxías propostas polas escolas críticas do temario.
Exposición oral de diversos traballos prácticos, poñendo especial énfase na claridade expositiva e no uso dun rexistro lingüístico adecuado á materia e a situación.
Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a comprensión da problemática plantexada e a capacidade crítica.
O alumnado semipresencial terá tres sesións presenciais, as arriba indicadas (na sección "Clases maxistrais") e será avaliado como o alumnado presencial neste apartado.
|
Presentación |
Véxase o apartado anterior, "Traballos de aula"
|