Traballos de aula |
Modalidade presencial: Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Modalidade semipresencial: O alumnado preparará este tipo de proba a través da plataforma FAITIC. Non entanto, conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade pode asistir, presencialmente, á realización da proba de avaliación consistente nun cuestionario común co alumnado da modalidade presencial. |
10 |
|
|
C16
|
D8
|
Modalidade presencial: Para poder optar ao sistema de avaliación continua o alumnado deberá
entregar, como mínimo, dúas prácticas indicadas pola profesora que se
realizarán durante o cuatrimestre nas clases prácticas. Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumno de avaliación continua debe facer un exercicio escrito no que debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Esta proba representará o 60% da cualificación final. Na segunda semana de marzo o
alumno que opte pola avaliación continua poderá realizar unha primeira proba
sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ata ese momento. A nota obtida nesta proba fará media co exercicio que se realizará
ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario
oficial de exames, sempre que se realicen as dúas probas.
Nas aulas prácticas o alumnado de avaliación continua deberá facer dous cuestionarios, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión, cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación final. Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumnado que non seguiu a avaliación continua ou perdeu o dereito á mesma, poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Na segunda edición (xullo) e en cursos posteriores, o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Modalidade semipresencial: Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumno de avaliación continua debe
facer un exercicio escrito no que debe solucionar unha serie de problemas
e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo
profesor. Esta proba representará o 60% da cualificación final. Na segunda semana de marzo o
alumno que opte pola avaliación continua poderá realizar unha primeira proba
sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ata ese momento. A nota obtida nesta proba fará media co exercicio que se realizará
ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario
oficial de exames, sempre que se realicen as dúas probas.
O alumnado de avaliación continua deberá facer dous
cuestionarios, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión,
cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación final. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade
pode asistir presencialmente á realización destas probas. Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumnado que non seguiu a avaliación continua poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir presencialmente a esta proba. Na segunda edición (xullo) e en cursos posteriores, o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir presencialmente a esta proba. |