Un bo nivel de lingua galega facilita a adquisición de coñecementos de lingua portuguesa.
A lectura e audición habitual de textos en lingua portuguesa, facilita igualmente a aprendizaxe.
Aviso importante para o alumnado de intercambio (Erasmus): O ensino de Lingua Portuguesa na UVigo diríxese a un alumnado que ten o galego e/ou castelán como lingua materna, de maneira que a progresión é rápida. Non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña como mínimo un nivel de B1 nestas linguas (galego ou castelán) ou un A1 en lingua portuguesa matricularse nesta materia. |