Esta materia está estructurada en dúas partes ben diferenciadas: á primeira corresponden os dous primeiros temas (impartidos polo profesor Chas Aguión, da área de Literatura Española), en tanto que á segunda os outros dous expostos no apartado de contidos (impartidos polo profesor Gonzalo Navaza, da área de Filoloxía Galega). As dúas partes terán un número igual de horas presenciais. Para obter calificación positiva, o alumnado terá que superar OBRIGATORIAMENTE ambas partes da materia. Para a primeira, haberá un exame escrito, que terá lugar ao rematar a primeira metade do cuatrimestre, en tanto que para a segunda pedirase un traballo escrito, que deberá ser entregado como data límite na última semana lectiva de decembro. O alumnado non presencial terá que cumprir coas mesmas condicións de avaliación (e coas mesmas datas) que o alumnado que opte pola avaliación continua. Para quen opte pola avaliación única, haberá unha data oficial ao final do primeiro cuadrimestre, pero en ningún caso servirá para recuperar notas negativas para quen se teña presentado anteriormente na mesma convocatoria. Quen non obteña unha calificación positiva nesta primeira edición de actas deberá presentarse ao exame de xullo na data fixada oficialmente pola Xunta de Facultade. Ao alumnado que tiver aprobado so unha das dúas partes da materia SO SE LLE CONSERVARÁ ESE APROBADO DURANTE UN MESMO CURSO ACADÉMICO (incluido, por tanto, xullo); en posteriores convocatorias deberá presentarse con ambas partes da materia. Lémbrase a importancia, tanto para o exame escrito como para a entrega dos traballos da corrección lingüística. Asemade, a copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de proba conlevará a calificación cun cero. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá das responsabilidades derivadas neste aspecto. |