Tanto nas horas introdutorias como nas que se dedican ás tutorías en grupo, ambas as dúas en horario presencial, exporemos ao alumnado a metodoloxía da materia, así coma o seu seguimento e os procedementos de avaliación de cada un dos apartados que constan na guía. Tamén o alumnado acollido ao réxime de semipresencialidade disporá da información precisa para realizar estes traballos.
Eventos científicos
Inclúense dúas horas presenciais para a asistencia a conferencias por parte de expertos nos estudos literarios que han de xerar un traballo persoal ao alumnado, redactando un informe que se entregará na semana seguinte ao evento.
Traballo tutelado
Tanto o alumnado presencial como semipresencial terá que realizar traballos tutelados polos profesores, que ofrecerán as explicacións e farán o seguimento dos mesmos.
Probas
Descrición
Traballo
Metodoloxía correspondente á segunda parte da materia. Ao alumnado entregaráselle o título do traballo que terá que facer, así como a metodoloxía e os procedementos de avaliación, e se fará un seguimento do mesmo. Tamén o alumnado acollido ao réxime de semipresencialidade disporá da información precisa para realizar estes traballos.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000