Contémplanse dúas posibilidades de avaliación: continua e única. Cada discente ten que comunicar a súa preferencia nas primeiras semanas de clase. Avaliación continuaÉ a recomendada para todo o alumnado. Contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación continua é moi recomendable a asistencia ás horas presenciais (incluidas as prácticas). No caso do alumnado semipresencial recoméndase asistir á sesión de presentación, a dúas titorías (individuais ou grupais) e ás probas escritas previstas. No resto, debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma. A materia de exame inclúe a lista de conceptos que se han traballar nas sesións maxistrais, para o que se prevé a elaboración dun breve glosario. A data do exame é a do calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución. Aquelas persoas que non superen a materia ao final do cuadrimestre, deberán presentarse ó exame escrito na data oficialmente establecida pola Facultade con vistas á segunda edición de actas. Avaliación únicaO alumnado que prefira someterse a avaliación única deberá examinarse de todos os contidos da materia nun exame final único que se realizará na data oficial. Aquelas persoas que non superen a materia ao final do cuadrimestre, deberán presentarse ao exame escrito na data oficialmente establecida pola Facultade con vistas á segunda edición de actas. ObservaciónO plaxio será penalizado. En caso de detectárense prácticas que impliquen plaxio poderase invalidar a cualificación na proba correspondente. |