Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A2 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B1 |
Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios. |
B2 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B7 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias. |
B8 |
Capacidade para participar en debates e actividades de grupo e organizalos, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico. |
C5 |
Coñecemento dos conceptos e métodos da análise lingüística. |
C8 |
Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da lingüística. |
D5 |
Capacidade de xerar novas ideas. |
D10 |
Capacidade de análise e síntese. |
D11 |
Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente. |