Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada lingua A1-lingua A2
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Cada estudante subirá a FAITIC todas as tarefas que se lle encomenden, sexan resumos, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento da realización destas tarefas e corrixirá e puntuará dúas das tarefas propostas (as mesmas para todo o alumnado, que se entregarán na terceira semana de outubro e na primeira semana de decembro).
20 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C5
C8
C9
C10
C15
C18
C22
C23
C25
C28
C31
C33
D1
D5
D7
D12
D15
D21
D22
Outros Avalíase a actitude participativa en clase, en titorías, en foros e a realización de probas de autoavaliación. 10 A1
A2
A3
A4
A5
C8
C9
C10
C13
C15
C17
C18
C21
C24
D7
D8
D23
Probas de resposta curta O alumnado desenvolverá unha proba teórica de resposta curta en que demostrará que adquiriu os coñecementos teóricos mínimos establecidos. É necesario aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios de información en soporte papel ou telemático. 20 A1
A2
A3
A4
A5
C5
C10
C11
C13
C18
C26
C28
C33
D4
D6
D14
D15
Resolución de problemas O alumnado desta materia deberá resolver exercicios prácticos e teóricos individuais ou en grupo e expoñelos na clase. Puntuarase un destes exercicios e exposicións (en grupo), que se realizará a mediados de novembro. 10 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C17
C18
C21
C22
C23
C24
C25
C26
C28
C31
C33
D1
D4
D5
D6
D8
D14
D21
D22
D23
Práctica de laboratorio O alumnado desenvolverá unha proba práctica que consistirá na tradución de dous textos breves (aprox. 250 palabras cada un), en ambas as direccións. É necesario aprobar as dúas probas de tradución para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba permítese o uso de material en soporte papel ou telemático. 40 A2
A3
A4
C17
C21
C22
C23
C24
C26
C31
D1
D4
D5
D7
D8
D12
D14
D15
D21
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA: As metodoloxías descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplican ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese: 

  • Comunicarlle á docente por correo electrónico a escolla deste sistema de avaliación antes do 15 de outubro.
  • Entrega nas datas establecidas dos traballos propostos ao longo do curso. 
  • Realización do exame final (probas de resposta curta e proba práctica de laboratorio) na data oficial da convocatoria de xaneiro fixada pola Facultade. Para o desenvolvemento da proba teórica non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para a proba práctica permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas.

Requisitos do sistema de AVALIACIÓN ÚNICA: As/os estudantes que non opten polo sistema de avaliación continua realizarán un exame na data oficial da convocatoria de xaneiro fixada pola Facultade que representará o 100% da nota final e que constará das seguintes probas:
  1. Proba teórica sobre o contido mínimo requirido e sobre o libro de lectura obrigatoria (30%)
  2. Proba práctica de tradución dun texto breve do español ao galego (40%)
  3. Proba práctica de tradución dun texto breve do galego ao español (30%)
Para aprobar a materia requírese aprobar cada unha das tres probas. Para o desenvolvemento do exame teórico non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para as probas prácticas permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas. 

SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO): Para aprobar a materia en segunda convocatoria, o alumnado debe superar unha proba coas mesmas condicións que o exame de avaliación única e que se realizará na data oficial da convocatoria de xullo fixada pola Facultade. Para aprobar a materia requírese aprobar cada unha das tres partes. Excepcionalmente, poderase acordar que o alumnado se presente só a algunha das partes que estean pendentes en segunda convocatoria. 
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para todas as probas da materia, os erros descontarán como aparece a seguir:
  • Sen sentido (SS): -1,00
  • Contrasentido (CS): -1,00
  • Falso sentido (FS): -1,00
  • Omisión (Om): -1,00
  • Erro de gramática (G): -0,50
  • Erro de léxico (L): -0,50
  • Erro de ortografía (Ort): -0,25
  • Expresión non idiomática ou erro de estilo (E): -0,15

Independentemente do sistema de avaliación elixido, non superará a materia quen incorra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Faitic, así como estar ao día das datas en que teñen lugar as probas de avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000