Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Dúas encomendas de tradución (vid. metodoloxía docente), unha de subtitulado e outra de dobraxe. As datas de entrega fixaranse na clase e publicaranse en faitic, atendendo ao calendario e procurando unha distribución racional da carga de traballo. 60 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C17
D1
D5
D6
D7
D12
D22
Resolución de problemas Asistencia habitual ás sesións presenciais e participación activa, que require a preparación previa dos exercicios propostos. Entrega de todos os traballos e exercicios de clase que a profesora demande. 20 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C17
D1
D5
D6
D7
D22
Outras Proba de resposta curta dos contidos teóricos da materia (preguntas tipo test ou pequeno desenvolvemento). Constará dunha parte teórica (non se poderá usar ningún material) e dunha práctica (pódese usar material, agás correo electrónico). A parte práctica que pode adoptar a forma de traducións de microtextos con problemas específicos de TAV ou análise dalgún caso proposto.
Para que faga media, hai que sacar un mínimo de 5 nesta proba.
A data do exame final será consensuada en clase coa profesora.
20 C2
C3
C4
C8
C9
C17
C28
D1
D6
D7
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
**PODERANSE DESCONTAR ATA 2 PUNTOS POR FALTA DE ORTOGRAFÍA EN CALQUERA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADAS ARRIBA.

-------------------------------------------

PRIMEiRA EDICIÓN DE ACTAS:

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e porcentaxes de avaliación son os arriba indicados). Porén, se algún alumno/a, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación,deberá presentar nas dúas primeira semanas seguintes ao día en que se inicien as clases xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na primeira edición de actas deberá ir á avaliación única na data consensuada co alumnado de avaliación continua (normalmente a última ou penúltima semana de docencia). A proba consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia cómpre aprobar as tres partes.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

O/A alumno/a que siga o sistema de avaliación continua e non acade a nota mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no elcalendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo.

Os/as alumnos/as que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que terá as mesmas partes e condicións que o exame de avaliación única de maio.

Todas as probas se realizarán na lingua termo da combinación da materia.

Con respeto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que istos (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

É responsabilidade do/da alumno/a consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

**Esta materia NON se recomenda para ALUMNADO ERASMUS.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000