A obra de lectura obrigatoria anunciarase a través da plataforma de teledocencia faitic na primeira semana de clase. Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única. Os alumnos que desexen acollerse á avaliación única deberán indicarllo á profesora durante as dúas primeiras semanas de clase. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación continua. Avaliación continua: As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. A materia terá dúas partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será obrigatorio que os estudantes superen as dúas para superar a materia. Dentro da parte de tradución, haberá avaliación individual e en grupo. Os estudantes que superen a tradución en grupo pero non a tradución individual deberán recuperar en xullo a parte de tradución individual. As probas de resposta curta corresponderanse coa parte teórica da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre economía e tradución e dun libro de lectura obrigatoria a longo do curso. Estas lecturas poranse a disposición dos alumnos na plataforma de teledocencia. Para a resolución das probas da parte teórica non se permitirá o emprego de materiais. Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio, polo que se non se realizan durante o curso terán que realizarse na convocatoria de xullo. Na parte de tradución faranse probas de tipo "probas prácticas" e "traballos e proxectos". Nas probas de tradución só se permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase. Todas as actividadesavaliables da parte práctica da materia serán de carácter obrigatorio. A cualidade dos traballos de tradución avaliarase por medio de rúbricas que se publicarán no apartado correspondente de faitic antes da realización de cada proba. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avalliación. Avaliación única: Aqueles estudantes que poidan demostrar documentalmente (contrato de traballo con incompatiblidade horaria ou semellante) que non poden facer avaliación continua, poderán optar por comprimir as probas durante o período oficial de exames marcado polo decanato. No entanto, as probas realizadas serán as mesmas que se inclúen na avaliación continua (tradución de dous textos, unha directa e outra inversa, proba teórica e proba de lectura do libro obrigatorio, e proxecto de documentación e tradución, neste caso individual e non tutelado). As porcentaxes neste caso serán as seguintes: Probas de tradución: 50% (25% cada unha) Traballo de documentación e tradución: 25% Teoría e lectura do libro obrigatorio: 25% Todas as probas realizaranse na data oficial fixada polo decanato, non sendo o traballo non tutelado, cuxa formulación se porá a disposición dos estudantes en faitic na mesma data que a dos alumnos de avaliación continua e terá como data de entrega o 24 de maio. Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia e ningún material. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica e de lectura do libro. Na convocatoria de xullo, a avaliación consistirá nas mesmas probas que a avaliación continua (tradución de dous textos, unha directa e outra inversa, proba teórica e proba de lectura do libro obrigatorio, e proxecto de documentación e tradución, neste caso individual e non tutelado). As porcentaxes neste caso serán as seguintes: Probas de tradución: 50% (25% cada unha) Traballo de documentación e tradución: 25% Teoría e lectura do libro obrigatorio: 25% Todas as probas presenciais realizaranse na data oficial fixada polo decanato, data na que se entregará tamén o traballo non tutelado, cuxa formulación se porá a disposición dos estudantes en faitic na mesma data que a dos alumnos de avaliación continua. Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica e de lectura do libro. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avalliación. En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de 0 aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía. - Cometan máis de dous erros gramaticais. - Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves. - Incorran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento de que é un plaxio non eximirá o alumno da súa responsabilidade neste aspecto. A cualidade dos traballos de tradución avaliarase por medio de rúbricas que se publicarán no apartado correspondente de faitic antes da realización de cada proba. |