Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Cando o profesorado remate as exposicións de contidos teóricos haberá unha proba escrita sobre os mesmos. 20 C3
C12
C25
C27
D1
Resolución de problemas As probas prácticas consistirán na realización de encargas de tradución directa e inversa (galego-francés-galego), tanto de terminoloxía como de xéneros textuais xurídicos e administrativos que se realizarán na wiki e no glosario habilitados en FAITIC. 30 C3
C12
C25
C27
D1
D15
Estudo de casos Valorarase a capacidade de documentación do alumnado con exercicios específicos realizados na aula. 10 C3
C12
C25
C27
D1
Práctica de laboratorio Realización de tarefas de tradución directa e inversa (galego-francés-galego). 20 C3
C12
C25
C27
D1
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico no cal o alumnado terá que describir e reflexionar sobre os modelos e tipos textuais máis comúns relacionados co ámbito de especialidade da materia. 20 C3
C12
C25
C27
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc.

AVALIACIÓN CONTINUA

1 - O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.

2 - Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente ao profesor para que este tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.

3 - O non entregar algún dos encargos (wiki/glosario en FAITIC) ou non realizar algunha das probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. Terá entón que presentarse á convocatoria única.

4 - O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. O alumnado poderase atopar nalgún destes dous casos:

a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: encargos de tradución (30%) e probas prácticas (20%), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro.

*b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: encargos de tradución (30%) e probas prácticas (20%) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:

1. Tradución con tempo limitado (1 hora e vinte minutos): 65% da nota. Non se poderá usar documentación en papel (procedente da wiki e do glosario de FAITIC ou calquera outra fonte bibliográfica).

2. Tradución con tempo limitado (40 minutos): 35% da nota.

No caso *b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática.

CONVOCATORIA ÚNICA (DECEMBRO E XULLO).

O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (decembro ou xullo segundo corresponda) publicada polo decanato a unha proba que consistirá en:

1. Tradución con tempo limitado (1 hora e vinte minutos): 65% da nota. Non se poderá usar documentación en papel (procedente da wiki e do glosario de FAITIC ou calquera outra fonte bibliográfica).

2. Tradución con tempo limitado (40 minutos): 35% da nota.

A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 5 sobre 10.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000