AVALIACIÓN
CONTINUA: Cada alumno poderá acollerse a dúas
oportunidades de avaliación por curso, decembro e xullo. Só se realizará
avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse á avaliación
continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro (data no
calendario oficial). Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua
deberán indicarllo á docente durante a primeira semana da materia na ficha que
se debe entregar con foto. A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a
aceptación implícita da avaliación continua. Os alumnos que suspendan na primeira edición
de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar á
da primeira edición de actas sen avaliación continua. Para aprobar é necesario
obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes das que
consta a materia (teoría, directa e inversa). Para facer o cálculo da calificación
da parte de directa e inversa realizarase a media entre a nota da encomenda de
grupo e o exame práctico de cada unha das partes prácticas. Excepcionalmente, poderá negociarse cós alumnos de
avaliación continua, sempre e cando unicamente suspendan 1 das 3 partes das que
consta a materia, a realización desta parte na segunda convocatoria de actas
(xullo). AVALIACIÓN
ÚNICA OU NON CONTINUA: Os exames sen avaliación continua consistirán
en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán
ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que
suporá o 35 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 35% da
nota. A data desta proba é a que aparece no calendario oficial de exames. Para
aprobar a materia deben superarse as tres partes das que consta (teoría,
directa e inversa) cunha nota mínima de 5. *Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha
encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura
de expediente contra o alumno. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. OUTROS COMENTARIOS: En calquera das probas, traballos ou exercicios,
independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a
cualificación de suspenso aqueles alumnos que: -Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio
non se aplicará nas tarefas de tradución inversa). -Non realicen correctamente a tradución de
cuantías e cifras (directa e inversa). -Cometan máis de dous erros gramaticais na parte directa
(catro no caso das tarefas de tradución inversa). A avaliación terá en conta
non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa
correción lingüística. -Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións). -Incorran en plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. -A docencia de cada parte dos contidos poderá
experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado. |