Estudo previo |
Con anterioridade á realización das traducións dos textos propostos na aula, realizarase unha analise da tipoloxía textual do texto de maneria conxunta para cada tema. Proporanse lecturas teóricas que introduzan cada texto práctico. Espérase a participación activa dos alumnos na procura de textos que axuden a mellorar as súas destrezas como tradutores. |
|
Traballos de aula |
Durante a realización de traballos na aula, avaliaranse de maneira individual o traballo realizado polos estudantes, supervisándose, corrixindo e explicando as súas opcións tradutolóxicas. Na resolución de problemas e actividades de forma autónoma e en grupo, avaliarase o traballo dos estudantes, a súa maneira de coordinarse e organizar as tarefas e o desenvolvemento da tradución antes da súa entrega final. |
|