Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución, de modo autónomo, de tres encargos, co obxectivo de reproducir as condicións da
práctica profesional. As probas, de carácter acumulativo, están distribuídas no período de docencia e supoñen un aumento progresivo da complexidade. O valor asignado a cada unha das dúas primeiras é do 25%. 50% é o valor da última, que será presencial na última semana de docencia.
100 A4
A5
C7
C14
C17
C24
D3
D4
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Obs. 1. As probas, de carácter acumulativo, están distribuídas no período de docencia. Dunha correcta resolución forman parte: a elaboración autónoma (orientada polo persoal docente), a entrega e a revisión individualizada no horario de tutorías.


Obs. 2. A presentación dos tres encargos (o último é unha proba presencial) é condición imprescindible para superar a materia en primeira convocatoria. Na segunda convocatoria (xullo) existe a posibilidade de entregar os encargos pendentes ou facer a proba presencial, xa que se gardan as cualificacións aprobadas na avaliación continua.

Obs. 3. A cualificación dos encargos ten carácter acumulativo e global. Búscase conseguir unha capacidade final global na práctica básica da tradución na combinación lingüística PT-E, á que corresponde o valor do 100% con que se avalía o feito de alcanzar nas cualificaciones da materia. E o grao de excelencia que determina as cualificacións concretas. O grao de perfección depende de parámetros como a puntualidade na entrega do encargo, a eficacia e corrección, así como a capacidade de argumentar os resultados.

Obs.4. Existe a posibilidade de presentarse a unha proba única final de avaliación conxunta de todas as cualificaciones da materia na data establecida no calendario de exames da FFT en maio e xullo (avaliación única, incompatible coa continua), aínda que non se recomende para esta materia, dado o carácter acumulativo desta. Consistirá nunha proba de tradución presencial con presión de tempo e na entrega dun encargo de tradución que inclue tradución e comentario traductolóxico.

Obs. 5 As línguas de traballo desta materia son portugués e español, as dúas da combinación a que corresponde. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000