Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral

As encomendas de tradución individuais e o traballo en equipa poñen á proba a adquisición e asimilación dos conceptos transmitidos nas sesións maxistrais.
--
Resolución de problemas

As encomendas de tradución individuais e o traballo en equipa poñen á proba a adquisición dos conceptos e destrezas manexados nos problemas e exercicios.
--
Estudo de casos Realización de modo autónomo e individual de tres encomendas de tradución, dúas presenciais e unha non presencial 75 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C4
C5
C8
C14
C17
C22
D2
D5
D6
D7
D8
Traballo tutelado Elaboración en equipa e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun folleto de divulgación técnico-científica. 25 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C4
C5
C8
C14
C17
C22
C28
D2
D5
D6
D7
D8
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A presente disciplina pode
cursarse, na primeira convocación anual, en rexime de avaliación
continua
(en que se
valorizará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a
participación regular e activa nas aulas)
ou de avaliación única (exame oficial). No entanto, na convocación de xullo
só é posíbel o rexime de avaliación única (exame oficial).

Na primeira convocación anual, enténdese que un alumno opta polo rexime de avaliación continua (o máis recomendábel
nesta disciplina!) cando realiza algunha das actividades da avaliación continua (encomendas de tradución individuais,
traballo en equipa). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na media aritmética ponderada
das clasificacións nas tres encomendas de tradución individuais (dúas presenciais sen auxilio de computador [cada unha das cales, 26 % da clasificación global] e unha non presencial [23 %]) e no traballo en equipa (25 %); non obstante, no caso de a media aritmética das clasificacións nas tres encomendas de tradución individuais (ponderadas cos valores 35 %, 35 % e 30 %,
respectivamente) ser inferior a 4,9 pontos, a clasificación global coincidirá con esa media aritmética de tres clasificacións. Os alumnos que non superaren a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da convocación de xullo (de cuxa parte teórica ficarán eximidos no caso de teren apresentado, no correspondente ano lectivo, un traballo en equipa satisfactorio, con clasificación de 5,0 pontos ou superior) ou acollérense aos reximes de avaliación de sucesivas convocacións. (As encomendas de tradución individual serán lanzadas entre a penúltima semana lectiva de marzo e a última semana de abril, e o traballo en equipa será exposto e entregado na terceira semana de maio).
O exame oficial da disciplina (convocacións de maio [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato] e xullo [data, hora e
lugar estabelecidos polo Decanato]) consta dunha parte práctica (75 % da clasificación global) e --se o aluno non estiver
isento por ter apresentado no mesmo ano traballo en equipa satisfactorio (v. supra)-- dunha parte teórica a redixir en
galego (25 % da clasificación global); a parte práctica do exame, para cuxa realización o alunno deberá comparecer provido
dalgún dicionario impreso de alemán (bilingüe), consiste en dúas traducións para galego de textos redixidos en alemán
destinados á socialización do coñecemento técnico-científico, unha breve e presencial, realizada sen auxilio de computador (70 % da clasificación da parte práctica), e outra extensa e non presencial (30 % da clasificación da parte práctica).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000