É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc. O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade. AVALIACIÓN CONTINUA 1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.
2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.
3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón necesario presentarse á convocatoria única.
AVALIACIÓN DE XULLO
O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha
cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data de exame oficial publicada polo
decanato coas seguintes condicións:
a) Si ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Resolución de problemas de forma autónoma (encargos de tradución) (40 %) e Traballos de aula (10 %), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de maio.
b) Si non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados:Resolución de problemas de forma autónoma (encargos de tradución) (40 %) e Traballos de aula (10 %) terá que realizar obrigatoriamente un exame que constará das seguintes partes: - tradución do francés ao español (80% da nota da proba)
- comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación telemáticas.
AVALIACIÓN ÚNICA
Consistirá nun exame que constará das seguintes partes: - tradución do francés ao español (80% da nota da proba)
- comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación telemáticas. |