Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado, así como a presentar a materia no referido aos seus obxectivos, contidos, actividades que levarán a cabo e avaliación.
Lección maxistral Exporanse determinados temas relacionados cos xéneros textuais habituais dos distintos campos de especialidade
Estudo de casos Estes consistirán na comparación e comentario dunha tradución e o TO publicado, ou na comparación de traducións.
Traballos de aula O alumnado elabora traducións na aula baixo as directrices e supervisión docente. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento coas actividades autónomas discentes.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realizará individualmente encargos de tradución que reproducen situacións reais da actividade profesional. Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000