Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución Idioma 2, II: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realización de catro encargos de tradución (25% por cada un) que reproducen as
características do labor profesional. Tales encargos de tradución
estarán distribuídos regularmente ao longo do
período docente.
100 A1
A2
A4
C2
C17
D2
D8
D14
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación. Na avaliación continua o estudante dispón da posibilidade de ir superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados ao longo do curso. No caso de non entregar nas datas indicadas algún dos encargos correspondentes, ou en caso de detectarse plaxio ou copia nalgún dos traballos, o estudante perderá a oportunidade de realizar a avaliación continua.


Na segunda modalidade de avaliación o estudante dispón da posibilidade de dar conta da materia por medio dunha única proba ou tarefa. Esta consistirá na realización dunha tarefa de tradución para entregar na data establecida no calendario de exames da FFT. A proba da convocatoria de xullo consistirá tamén nunha tarefa de tradución que se desenvolverá de modo presencial na data indicada no calendario de exames da FFT. En caso de ser detectada e comprobada a existencia de copia ou plaxio nalgún dos encargos, traballos ou probas, o alumno perderá a oportunidade de examinarse na convocatoria correspondente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000