PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e porcentaxes da avaliación continua son os arriba especificados). No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir a avaliación continua, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na primeira edición de actas deberá ir a avaliación única na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. A proba consistirá en: unha tradución con presión de tempo (35%), un exame teórico dos contidos da materia (35%) e a entrega dun encargo (30%). Para superar esta proba é necesario aprobar as tres partes da mesma. CONVOCATORIA DE XULLO Os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua e non alcancen a nota mínima presentaranse en xullo ás partes non superadas na data especificada no calendario de exames. As partes aprobadas só se gardarán ata a edición de xullo. Os alumnos que sigan o sistema de avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que consistirá en: unha tradución con presión de tempo (35%), un exame teórico dos contidos da materia (35%) e a entrega dun encargo (30%). Para superar esta proba é necesario aprobar as tres partes da mesma. Todas as probas realizaranse na lingua termo da combinación da materia. Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0. É responsabilidade do alumno consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. ALUMNADO ERASMUS Necesítase nivel B2 de lingua A español. Realizarase unha proba de nivel as primeiras semanas do curso. |