Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Serán 4 as probas de estudo de casos, para as que o alumnado desenvolverá telematicamente respostas de extensión variable. Cada proba representará o 10% da nota final. A non ser que por razóns xustificadas houbese que modificar o calendario de entrega, a primeira proba entregarase na semana do 18 ó 22 de febreiro, a segunda proba na semana do 18 ó 22 de marzo, a terceira proba na semana do 8 ó 12 de abril e a cuarta na semana do 6 ó 10 de maio.
Os enunciados das probas formularanse a partir dos materiais específicos dos casos de estudo abordados. Os casos de estudo son transversais, e dicir que combinan varios puntos dos contidos da materia.
40 A1
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C25
C26
D13
D17
Exame de preguntas obxectivas Serán 3 as probas de preguntas obxectivas. Cada proba representará o 10% da nota final.
A non ser que por razóns xustificadas houbese que modificar o calendario de entrega, a primeira proba farase na semana do 25 de febreiro ó 1 de marzo, a segunda proba na semana do 25 ó 29 de marzo e a terceira proba na semana do 22 ó 26 de abril.
As probas terán lugar na aula e cada unha delas durará unha hora.
30 A1
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C25
C26
D13
D17
Resolución de problemas A proba de resolución de problemas consiste en resolver dificultades e tomar decisións para traducir segmentos caracterizados pola súa trama de referencias á cultura e á civilización francófonas.
A proba, que representa o 30% da nota final, poderá ser presencial ou telemática. De non acordar outra data alternativa entre profesorado e alumnado, a proba terá lugar na semana do 6 ó 8 de maio.
30 C8
C27
D6
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA DA PRIMEIRA EDICION DE ACTAS (MAIO-XUÑO
DE 2019)

Réxime de
avaliación continua

O alumnado de avaliación continua é aquel que:

- asiste con regularidade ás sesións presenciais (cun máximo
tres ausencias sen xustificar) e entrega todas as probas programadas (estudos
de casos, exames de preguntas obxectivas e exame con resolución de problemas),
ou

- non podendo asistir con regularidade a clase,
establece co docente un itinerario de aprendizaxe a distancia  que lle permite seguir a progresión do grupo
presencial e entrega todas as probas programadas (estudos de casos, exames de
preguntas obxectivas e exame con resolución de problemas) nos prazos sinalados
ou habilitados expresamente para o seu caso. Cómpre lembrar que, aínda que a
asistencia ás clases é un dereito e non unha obriga, a asiduidade é fundamental
para garantir a aprendizaxe e a aplicación do sistema de avaliación. Por esta
razón, o docente poderá excluír do réxime de avaliación continua aquel
alumnado que de forma non xustificada
falte a máis de tres sesións no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de
avaliación continua pasará a avaliarse polo réxime de avaliación única.

A nota final obtida figurará na acta da convocatoria da primeira edición de actas. O
alumnado suspenso deberá presentarse á convocatoria da segunda edición de actas
(xullo de 2019) e realizar todas as tarefas en que consista esa proba.

Réxime de
avaliación única

O alumnado de avaliación única que desexe presentarse
a esa convocatoria deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada
polo Vicedecanato de Organización Académica.

O exame non se realizará na aula, senón
telematicamente. No día da convocatoria, unha vez establecida a lista do
alumnado que se presenta, o docente dará as instrucións oportunas, fixará a
data de entrega do exame e publicará a tarefa correspondente en Faitic.

 O exame constará de tres partes:

- Unha proba de estudo de casos que recolle puntos
transversais dos contidos do temario. Esta parte representará o 40% da nota
total do exame.

- Unha proba de preguntas obxectivas basedas na
comprensión dun documento (textual ou audiovisual). Esta parte representará o 30%
da nota total do exame.

- Unha proba de resolución de problemas consistente na
tradución para o galego ou o español de segmentos escollidos dun texto en
francés. Esta parte representará o 30% da nota total do exame.

O alumnado de avaliación única que por razóns
xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día
do exame poderá comunicarlle ó docente, mediante un correo electrónico a
a súa intención de presentarse. Nese caso o docente comunicaralle por vía
telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

O alumnado de avaliación única que non se presente o
día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado.

O alumnado de avaliación única que si se presente non poderá
será cualificado con non presentado. Non entregar a proba dentro do prazo
fixado será cualificado cun cero.

 

CONVOCATORIA DA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO DE
2019)


O exame da segunda edición de actas será o mesmo tanto
para o alumnado de avaliación continua suspenso en maio-xuño como para o
alumnado de avaliación única.

O alumnado que desexe presentarse a esa convocatoria
deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de
Organización Académica.

O exame non se realizará na aula, senón
telematicamente. No día da convocatoria, unha vez establecida a lista do
alumnado que se presenta, o docente dará as instrucións oportunas, fixará a
data de entrega do exame e publicará a tarefa correspondente en Faitic.

O exame constará de tres partes:

- Unha proba de estudo de casos que recolle puntos
transversais dos contidos do temario. Esta parte representará o 40% da nota
total do exame.

- Unha proba de preguntas obxectivas basedas na
comprensión dun documento (textual ou audiovisual). Esta parte representará o 30%
da nota total do exame.

- Unha proba de resolución de problemas consistente na
tradución para o galego ou o español de segmentos escollidos dun texto en
francés. Esta parte representará o 30% da nota total do exame.

O alumnado que por razóns xustificadas ou polas súas
circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá
comunicarlle ó docente, mediante un correo electrónico a
a súa intención de presentarse. Nese caso o docente comunicaralle por vía
telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

O alumnado que non se presente o día da convocatoria
oficial será cualificado con non presentado.

O alumnado que si se presente non poderá será
cualificado con non presentado. Non entregar a proba dentro do prazo fixado
será cualificado cun 0.

 

OUTROS COMENTARIOS

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección
lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e
calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística en
calquera das linguas empregadas.

Teledocencia


É responsabilidade do alumnado consultar os materiais
e as novidades a través da plataforma FAITIC e de manterse informado do
calendario das probas de avaliación.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000