Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valoración continua das prácticas gramaticais, léxicas e tradutolóxicas 10 C4
C22
C25
D9
D15
Resolución de problemas de forma autónoma Valoración global das actividades de repaso 10 C1
C2
D2
D4
Probas de resposta curta Examen escrito de contido léxico, gramatical e tradutolóxico 80 C18
C24
C27
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

Avaliación continua:

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. A proba escrita realizarase na mesma data do exame da avaliación única establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. Os estudantes que suspenden son examinados de toda a materia.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.

Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado.

En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da avaliación continua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente competencia na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000