Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Unha proba de formulación, análise e resolución dun tema plantexado como debate, quer de forma individual quer colectiva, para reforzar as destrezas comunicativas de expresión oral (Speaking).

Unha proba sobre os dous artigos xornalísticos e unha sobre os temas do libro do alumno das unidades 1 ao 6 referentes aos exercicios de expresión oral (Speaking). As dúas probas teñen o mesmo peso específico da nota que será o 24% da nota final.
24 A4
C1
C2
C4
C10
C17
C18
C25
C27
C32
D15
D23
Exame de preguntas obxectivas Unha proba práctica da destreza de comprensión oral (Listening) que será avaliada mediante multiple choice, sentence completion and multiple matching, etc. 16 A4
C1
C2
C4
C10
C11
C17
C18
C25
C27
C30
C32
D12
Probas de resposta curta Unha proba sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, transformation cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas lingüísticas (Use of English).
24 A4
C1
C2
C4
C12
C18
C24
C25
D12
Outras Unha proba práctica de comprensión escrita (Reading) dun texto que será avaliada mediante proba escrita (multiple choice, gapped text, multiple matching, cross-text multiple matching, etc.). 16 C1
C2
C4
C10
C17
C18
C25
C27
C32
D23
Exame de preguntas de desenvolvemento Elaboración de dous traballos escritos tutelados fóra do aula e realizados de forma autónoma polo alumnado (writing).
Os traballos deberán:
1. Transmitir a información expresada de forma clara e organizada de forma lóxica.
2. Narrar conceptos mediante a exposición, argumentación e avaliación para expresar puntos de vista sobre un tema, e apoiando os conceptos con evidencias.
3. Describir experiencias persoais, expresar sentimentos e reaccións.
4. Redactar nunha forma literaria específica (cartas formais e informales, artigos, etc.)
20 C1
C4
C18
C24
C27
D15
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CONSIDERACIÓNS XERAIS

1.1. A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre según as porcentaxes que se indican:

DESTREZAS COMUNICATIVAS: Listening: 16%; Speaking: 24%; Reading: 16%; Writing: 20%.

DESTREZA LINGÜÍSTICA: (Use of English: 24% da nota final.

1.2. As obras de lectura obrigatoria (dous artigos xornalísticos) serán avaliadas mediante probas orais nas dúas edicións de actas (xaneiro e xullo), independientemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

1.3. Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. O alumnado que na primeira edición de actas obteña una cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo do 2019 para poder aprobar a totalidade da materia.

1.4. Non se contempla o exame único da primeira edición das actas (xaneiro 2019), data oficial establecida por o centro, como exame de recuperación para aprobar a(s) parte(s) da(s) destreza(s) suspensa(s) na avaliación continua. De non superalas en xullo 2019, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores. Polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos posteriores ao 2018-2019.

1.5. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

1.6. Non se permite a utilización de dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) durante a realización dos exames.

2. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (xaneiro 2019)

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles, implica a imposibilidade de participar no outro.

2.1. Avaliación continua:

O alumnado entregará unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0 (cero).

A avaliación, tanto continua coma única, terá en conta non só pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a sua corrección lingüística.

O alumnado para poder optar á avaliación continua deberá entregar os dous exercicios de expresión escrita (Writing). A entrega deberá realizarse en man á profesora nas datas sinaladas máis abaixo nesta apartado. Non se aceptarán traballos enviados por internet ou depositados nos casilleros da profesora. En caso de imposibilidade de entrega persoal por motivos xustificados, poderase enviar o traballo por internet.

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta as seguintes datas e probas a realizar (todas en horario de clase):

Semana 6: proba de "Speaking" dos dous artigos xornalísticos.

Semana 7: proba de "Writing". Entrega da primeira redacción.

Semana 11: proba de "Listening" e "Reading" (comprensión dun texto).

Semana 11: proba de "Speaking" dos exercicios da destreza comunicativa oral do libro do alumno (unidades 1 ao 6).

Semana 12: proba de "Writing" (entrega da segunda redacción) e "Use of English".

Semana 12: "Speaking" dos exercicios das destrezas comunicativas orais do libro do alumno (unidades 1 ao 6).

Para as probas de "Speaking" das semanas 6, 11 e 12, asignarase a cada alumno/a a data específica por preferencia ou sorteo co fin de facilitar a asistencia ao exame do alumnado que por motivos xustificados impídelles asistir nun dos días da semana sinalados.

2.2. Avaliación única:

A avaliación final do primer cuadrimestre se desenvolverá na data oficial aprobada pola Xunta de centro e deberá ser consultada polo alumnado na páxina web da Facultade.

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas na proba final. A proba constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas:

Listening: 16%; Speaking: 24%; Reading: 16%; Writing: 20%.

Por outra banda, a resolución de exercicios prácticos (Use of English) computarán un 24% da nota obtida.

3. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2019)

3.1. O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (Reading, Listening, Writing, Speaking e Use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na primeira edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada una de las destrezas comunicativas ("Reading, Listening, Writing, Speaking") y en la destreza lingüística ("Use of English"). A suma das catro destrezas comunicativas (76%) e da destreza lingüística "Use of English" (24%) sumarán o 100% da nota final obtida.

3.2. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas na que as probas de avaliación teñen lugar. Os mesmos criterios, aquí descritos tamén se aplicarán ao alumnado alleo. Para poder seguir a docencia, recoméndase que o alumnado alleo posúa un nivel B2+ (Marco Europeo de Referencia) de inglés.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000