Traballo tutelado |
Actividade práctica. Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. Nestes traballos trátase de pór a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Realización de actividades que permiten a cooperación de varias materias e enfrontan aos alumnos, traballando en equipo, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais |