1ª edición das actas
O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.
a) Avaliación continua
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.
Condicións:
-Entrega dos traballos nos prazos establecidos:
-Primeiro traballo: 26 de outubro
-Segundo traballo: 26 de novembro.
- Presentación ó exame.
Importante
Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5.
O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.
b) Avaliación única: condicións
1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (85%)
2. Traballo sobre neoloxía (15%).
2ª edición das actas (xullo)
A avaliación farase a través dun exame (85%) e un traballo sobre neoloxía (15%).
O alumnado de avaliación continua que non teña aprobada a materia na 1ª ed. das actas manterá, se así o desexa, as cualificacións das probas superadas. Se non o desexa, acollerase ó sistema definido no parágrafo anterior.
Datas dos exames
A data do exame, tanto para a avaliación continua como a única, en todas as oportunidades de avaliación, será a fixada no calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Importante
Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Esíxese un nivel C2 ó remate do curso.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente sancionador.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.