Avaliación contínua A presencialidade enténdese dentro e fóra das aulas. A avaliación das actividades de carácter non presencial concirne principalmente a participación nos foros de discusión, ó longo dos cales o estudantado deberá entregar, dentro dos prazos acordados, comentarios sobre os temas dos contidos, así como informes de lectura de documentos previamente propostos. A avaliación destes traballos farase consonte os criterios de corrección e adecuación aos contidos do curso que se empregarán na avaliación das actividades presenciais. A avaliación contínua da
parte común (grupos A) consistirá en cinco probas presenciais ou non
presenciais con prazo de entrega limitado. A primeira proba terá que entregarse
na data de febreiro de 2019 que se lle comunique ó alumnado a comezos de curso.
A segunda proba terá que entregarse na data de marzo de 2019 que se lle comunique
ó alumnado a comezos de curso. A terceira proba terá que entregarse na data de
abril de 2019 que se lle comunique ó alumnado a comezos de curso. A cuarta e
quinta proba terán que entregarse nas datas de maio de 2019 que se lle
comunique ó alumnado a comezos de curso. As cinco partes doprograma non se impartirán de forma secuencial senón que se amecerántransversalmente arredor dos eixes temáticos das leccións maxistrais. Cadaproba poderá logo referirse a varios dos temas dos contidos. As probas consistiránxeralmente en responder a preguntas sobre unha fonte de estudo previamentesubida á plataforma. A avaliación contínua da parte combinada (Grupos C) incluirá un exame que se celebrará o día fixado no calendario oficial de exames da facultade. No que atinxe ás segundas convocatorias e seguintes, o protocolo de proba será o mesmo, polo que as convocatorias se resolverán de idéntica maneira. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2019): O alumnado que non opte pola avaliación contínua fará un exame final na data fixada no calendario oficial de exames da facultade. O alumnado interesado terá que realizar obrigatoriamente as dúas partes, e deberá presentarse obrigatoriamente a estas sesións. No caso da parte común, o exame poderá consistir nunha proba presencial ou nun traballo. En caso de aprobar unha das partes e suspender a outra, o alumno non terá que repetir na convocatoria de xullo a parte aprobada. A nota da parte aprobada conservarase ata a convocatoria de xullo de 2019 e fará media coa da outra parte en caso de que esta sexa aprobada en xullo. Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2019) Na convocatoria de xullo de 2019 os alumnos farán un exame final de toda a materia, ou ben da parte suspensa ou non presentada na convocatoria anterior. O exame celebrarase na data fixada pola facultade e constará dunha parte teórica (50%) e outra práctica (50%). O alumnado interesado terá que realizar obrigatoriamente as dúas partes. |