Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B2 (Marco Europeo de Referencia) de inglés.
Ademais da asistencia regular ás sesións presenciais, o traballo diario e autónomo do alumnado resulta aconsellable para seguir e superar a materia. Sendo así, e tendo en conta que as horas de clase na aula non son máis que parte das horas totais de traballo necesarias para superar a materia, é altamente recomendable que o material manexado polo alumnado non se limite ao visto nas sesións presenciais. Recoméndase que o alumnado adique tempo á lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, o visionado de vídeos, películas, series e similares en lingua inglesa, etc.
Recoméndase o uso da plataforma de teledocencia (FAITIC).
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000