1) A diferenza da maioría das materias do grao, nesta materia NON se utilizará a plataforma de teledocencia Tema de Faitic (http://faitic.uvigo.es) como contorna de comunicación virtual e colectiva preferente da materia. Esta "ferramenta" será tratada na materia como unha ferramenta informática (software) máis que o alumnado de tradución e interpretación debe coñecer; e, por iso, asignaráselle un tempo determinado dentro do contido da materia para o seu coñecemento e aprendizaxe.
Pola contra, como contorna de comunicación virtual e colectiva preferente, usarase o SITIO WEB http://jmv.webs.uvigo.es Á propósito do mesmo, será responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da devandita plataforma e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar e/ou teñen que entregarse.
2) Esta materia proporciona a adquisición de coñecementos e destrezas das ferramentas informáticas básicas (hardware e software) de tipo xeral relacionadas coa tradución.
Para adquirir coñecementos e destrezas no manexo de ferramentas informáticas especializadas relacionadas coa tradución, e sobre todo relacionadas co ámbito da tradución multimedia (localización e tradución audiovisual), considérase imprescindíble cursar as materias de 4º curso do Grao: i) "Ferramentas para a Tradución e Interpretación V: Informática avanzada" [que consolida e amplía os coñecementos e destrezas das ferramentas informáticas de tradución asistida adquiridos na materia de 1º curso do grao; e, ademais, proporciona una primeira aproximación aos coñecementos e destrezas das ferramentas informáticas especializadas empregadas na tradución multimedia (no apartado da localización: de páxinas web, software e videoxogos)], e; ii) Algunha das combinacións de "Tradución medios audiovisuais" [que proporciona una primeira aproximación aos coñecementos e destrezas das ferramentas informáticas especializadas empregadas na tradución multimedia (no apartado da tradución audiovisual: subtitulado, dobraxe, voice-over)].
Dese xeito pódese atinxir un dominio satisfactorio dos coñecementos e das destrezas das principais ferramentas informáticas (hardware e software) relacionadas coa práctica profesional da tradución e a interpretación glosados na listaxe de competencias do Grao (xenéricas e especializadas).
3) Dado que para o desenvolvemento e a avaliación da materia atinxen tanto as horas de traballo presenciais na aula informática como as horas de traballo persoal autónomo do alumnado, considérase imprescindíbel a asistencia do alumnado ás primeiras sesións (3 horas) introdutorias da materia (en no grupo que teña asignado/a) coa finalidade de estar informado/a do funcionamento da materia, dos contidos, da planificación e metodoloxías docentes que vanse empregar, dos mecanismos de seguimento da docencia, etc. Desta manera vai poder contar coa suficiente información para poder decidir a modalidade de avaliación que quere seguir. |