Primeira edición de actas O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. Para ser avaliado será necesario entregar os traballos na data establecida. As probas non entregadas contarán como cero. Os alumnos teñen que aprobar todas as destrezas. En caso de plaxio, a nota é de suspenso. O alumno que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa profesora ao comezo do curso. Nese caso poderá examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema de avaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escrita, 50% o oral e 50% o escrito. É necesario aprobar todas as partes para superar a materia. O exame escrito e oral terá lugar no período de exames na data establecida no calendario da FFT.
Segunda edición de actas (xullo) Os alumnos de avaliación continua e de avaliación única que non superen a
materia na primeira edición de actas, farán en xullo unha proba que
representará o 100% da nota, 50% para a parte teórica e 50% para a
parte práctica. O alumno ten que aprobar todas as partes. A data do exame de xullo será a indicada no calendario oficial de exames da FFT.
|