Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realización correcta de 5 comentarios dirixidos. Son textos con cuestións que o alumno deberá responder coa axuda das fontes que precise. O profesor corrixirá as respostas e o alumnado deberá facer de cada texto unha 2ª versión definitiva. Ó final de curso, o alumnado entregará os 10 textos (orixinal+corrección) nunha única carpeta. Tamén se proporá un exercicio para o control dos aspectos fonéticos que se traten nas aulas. 30 C18
C25
D14
Traballo tutelado
Un traballo individual de aproximadamente 5 folios sobre un dos textos propostos. Máis có contido, é indispensable a corrección lingüística e formal do texto: redacción, puntuación, ortografía, léxico, tipografía. O traballo entregarase antes do 10 de decembro de 2018.
20 C4
C25
D14
Exame de preguntas obxectivas Haberá dúas probas por un valor total de 10 puntos. 1ª (5 puntos): día 14 de novembro; control de dominio total das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Esta parte deberán repetila ó final do cuadrimestre tódolos alumnos que non consigan unha puntuación do 50% da nota. 2ª proba (5 puntos): na data indicada no calendario de exames da FFT; resolución de exercicios de uso de pronomes, perífrases, infinitivos conxugados e calquera aspecto referido ós contidos que figuran no programa. Corrección dun texto deturpado. Ademais, elaboración dun breve comentario sobre un texto non literario.
Para que se faga media cos traballos tutelados e coa resolución de problemas, haberá que obter polo menos unha cualificación de 4.5 puntos dos 10 totais.
50 C3
C4
C18
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se se considerar preciso, haberá unha proba diagnóstica ó principio do curso que non contará na avaliación. As porcentaxes indicadas soamente se aplicarán nos casos en que o alumnado realice as dúas probas previstas e entregue os comentarios dos textos e mailo traballo sobre os textos propostos, é dicir, que opte pola avaliación continua. O alumnado que  se acolla ó sistema de avaliación única deben presentarse a un exame (100% da nota) que se celebrará na data indicada no calendario de exames da FFT. Este exame será similar ó que se propoñerá para a segunda edición das actas (xullo) e constará de dúas partes: Na 1ª, o alumnado deberá demostra-lo dominio das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (acentuación, uso do guión, grupos consonánticos, contraccións, formación do plural, formación do feminino, paradigmas verbais, adverbios e locucións adverbiais, etc.); nesta parte o alumnado debe obter polo menos de 50 puntos (de 100). Na 2ª parte (Morfosintaxe), o alumnado deberá facer correctamente exercicios de uso de pronomes, perífrases, infinitivos conxugados e calquera aspecto referido ós contidos que figuran no programa. Así mesmo, deberá corrixir, de modo que quede nun galego correcto, un texto que se lle entregará deturpado e elaborar un comentario sobre un texto non literario. Farase media entre as dúas partes. Non se liberará ningunha parte para a convocatoria de xullo. A adquisición do galego oral comprobarase nas clases prácticas. O alumnado que escolla o sistema de avaliación única tamén deberán face-las lecturas obrigatorias, sobre as que se lles formularán, oralmente ou por escrito, algunhas cuestións para comprobar que as leron.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000