Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase o rigor académico do estudo presentado, a súa fundamentación teórica e o seu deseño metodolóxico, así como a capacidade crítica da/do estudante e os resultados obtidos. Igualmente, avaliarase a adecuación da presentación escrita ás normas académicas.

As/Os titoras/es deberán elaborar un informe de conformidade da entrega do TFG no que constará a nota sobre a versión escrita do traballo (30%).

A versión escrita do traballo será avaliada por un 80% da nota final. O 50% virá determinado pola decisión do tribunal avaliador. O 30% restante virá determinado pola nota do/a titor/a.
80 A2
A3
A4
B3
B6
B8
B9
Presentación Avaliarase o rigor académico da defensa oral no relativo á presentación da mesma e ás respostas da quenda de preguntas por parte do tribunal. Para a defensa poderase empregar un pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou similar), pero en ningún caso a presentación oral poderá consistir na mera lectura dese material.

A defensa oral será avaliada por un 20% da nota final. Este será determinado polo tribunal avaliador.
20 A2
A4
A5
B9
B12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación dos traballos
realizarase tendo en conta o grao de consecución das competencias establecidas
para a materia TFG.

O/A coordinador/a da materia aportará instrucións
detalladas sobre o proceso de elaboración e entrega do traballo e sobre as
datas das convocatorias. Toda a información estará dispoñible na plataforma Faitic.

As datas de entrega do traballo
escrito e da defensa oral serán anunciadas polo Decanato da Facultade a
principios do curso académico. Haberá dúas edicións de actas: maio/xuño para a 1ª edición de actas, e xullo para a 2ª edición de actas. O alumnado que suspenda ou que non se presente na edición de maio/xuño poderá presentarse á edición de xullo. 

Calquera plaxio identificado será
motivo de suspenso da materia. Entenderase por plaxio calquera cita literal
(curta ou longa) presentada como propia (i.e. sen comiñas e sen referencia da
autoría) ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun/ha autor/a que
non se mencione nas referencias, sexa cal for a súa procedencia (un traballo
individual ou colectivo, unha publicación impresa ou un documento electrónico
ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está levando a cabo por
parte dalgún/a compañeiro/a etc). Consonte o Regulamento do TFG, ‘[e]n ningún
caso  pode  ser 
un  traballo  presentado 
con  anterioridade  polo/a estudante  nalgunha 
materia  de  calquera 
titulación’. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade neste aspecto
.

Recoméndase que o alumnado visite
a plataforma Faitic con regularidade. Os avisos e anuncios faranse por medio desta
plataforma vía correo electrónico. É responsabilidade da/do estudante consultar
os medios de comunicación establecidos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000