Este curso ofrece unha achega teórico-práctica ó estudo dos xéneros literarios en lingua inglesa a través do cinema. A materia ten unha natureza híbrida que combina filme e análise literaria crítica para examinar como as diferenzas entre ficción escrita e narrativa cinemática permítenlle ó director de cada adaptación transferir a historia orixinal a un medio visual. O curso considera un corpus de exemplos cuxa inclusión nel basease nas suposicións seguintes: a) os textos literarios son pezas importantes e representativas nos seus xéneros (conto, novela, teatro, poesía); b) os textos cinemáticos son todos filmes importantes e relevantes desde o punto de vista da arte cinematográfica; c) os filmes son todas as narrativas intrigantes cuxo valor non depende exclusivamente da súa "fidelidade" as fontes literarias. Nalgúns casos están por riba das ficcións que transfiren mesmo cando descenden delas. A transición desde a páxina á pantalla require cambios inevitábeis que fan cada adaptación un traballo artistico único. Tratar esta conexión complexa é tamén unha das finalidades do curso.