Traballo tutelado |
Traballo escrito de extensión curta (5-6 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Comparará algunha das ficcións escritas que analizou o curso coa súa narrativa cinemática. O/A estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema.
Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ao estudantado falar co profesor para recibir atención persoal. |
40 |
A4
|
B8
|
C199 C200 C201 C202 C203
|
|
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado. Independentemente do tipo de avaliación (continua ou única). O alumnado será avaliado coa proba presencial final (50% para continua, 60% para única sen prácticas breves) e co traballo tutelado (40%). Polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible. A proba presencial final terá lugar o día estipulado oficialmente polo decanato ó remate das clases do segundo cuadrimestre para as dúas modalidades (continua/única). SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)O alumnado que suspenda a avaliación continua/única (en todo ou en parte) será avaliado mediante unha única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%.De ter algunha parte aprobada na primeira edición seríalle gardada ó alumnado en xullo e tería que facer/entregar só a parte suspensa. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un
suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade. |