1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 1.1. Avaliación continua Na primeira
edición de actas, a avaliación realizarase consonte o detallado máis
arriba. As dúas probas de avaliación parcial terán
lugar durante o período lectivo en sesións de clase, en datas anunciadas na aula e publicadas
na plataforma de teleaprendizaxe da materia. A
cualificación mínima requirida nas probas de avaliación parcial será de 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia. Cómpre observar que, para que as dúas notas das probas parciais sexan ponderadas, a nota mínima nesas probas non poderá ser inferior a 4. Toda persoa que realice o primeiro exame parcial terá que continuar polo sistema de avaliación continua, sen que sexa posible ter realizado un exame parcial e despois pasar ao sistema de avaliación única (véxase 1.2.). 1.2. Avaliación única Se algun/ha alumno/a non desexa acollerse ao sistema de avaliación continua, deberá comunicarllo ao profesorado ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase).
Nese caso, poderá ser avaliado/a mediante un exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios
prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este
exame terá lugar no período de exames na data oficial aprobada pola
Xunta de Facultade. A escolla desta opción de avaliación en
ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás clases sempre que sexa
posible, pero si a perda do dereito de realizar os exames parciais indicados en 1.1.
2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único,
baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e
exercicios prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar no período de exames na data oficial aprobada pola
Xunta de Facultade.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. O alumnado visitante en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse nun curso do grao deberá ter e conta a lingua e o nivel de lingua do devandito curso. |