(A) PRIMEIRA
EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO) 1a) Avaliación continua Para a
avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre
parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final): (1) Participación
activa nas sesións presenciais (ata 10%). Aínda que non existe obriga de
presencialidade, valorarase positivamente a asistencia ás sesións presenciais. (2) Un exame final (50%) sobre os contidos
teóricos e prácticos da materia que terá lugar
no día, hora e lugar establecidos no calendario de exames aprobado en Xunta de
Facultade. A data, hora e lugar serán lembrados a
través da plataforma Faitic e na aula coa debida antelación. (3) Actividades
puntuais (15%): resolución de exercicios, problemas ou actividades que o
profesorado solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen
previo aviso. A non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero. (4) Un traballo
escrito coa súa correspondente presentación oral (25%). Poderá ser un
traballo individual ou en parellas, segundo anuncie o profesorado. A data será
acordada co profesorado coa debida antelación. É requisito
para superar a avaliación continua acadar unha nota de alomenos 4/10 no exame final. De non cumplirse este requisito, non se aprobará a materia
aínda que a nota media dos catro parámetros sexa 5 ou superior. 1b)
Avaliación única O alumnado
que non poida seguir a avaliación continua deberá comunicarllo ao profesorado nos
15 primeiros días do curso. Estas/es alumnas/os serán avaliados/as en base a un
único exame final que computará coma o 100% da cualificación. O exame
abarcará todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso. A celebración do exame único terá
lugar na data oficial do exame aprobada en Xunta de Facultade. A data, hora e lugar
serán recordados a través da plataforma Faitic coa debida antelación. (B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS
(XUÑO/XULLO) O alumnado
que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á
segunda edición de actas de xuño/xullo, na que será avaliado do programa
completo en base a un único exame final. O devandito exame abarcará
todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso e computará
como o 100% da cualificación. O exame terá lugar na data oficial aprobada
en Xunta de Facultade. NOTAS En
caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa
responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
|