Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Os exercicios realizados fóra da aula a través da plataforma Faitic e corrixidos en clase permitirán avaliar a intensidade do traballo investido polo alumnado a partir dos ítems enviados á plataforma. 10
Traballo tutelado Elaboración individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado.
Lectura anotada.
10 A1
A2
A4
B3
B7
Presentación Presentación oral individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado. 10 A5
Resolución de problemas de forma autónoma Ao longo do curso, o alumnado realizará na aula exercicios teórico-prácticos avaliables, sobre os contidos explicados en clase. 10
Probas de resposta curta 1. Proba final práctica sobre os contidos gramaticales e léxicos explicados en clase (EG) : 20%.
2. Proba final de comprensión e expresión escrita (ECEE) : 20%.
3. Proba final de lectura e expresión e comprensión oral (ECEO): 20%.
60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
C17
C20
C22
C147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:
Na 1ª edición das actas, o alumnado será
avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As
probas non entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia,
será necesario dar conta da lectura anotada, elaborar e presentar o
traballo na data requirida e obter polo menos 10/20 en cada unha do tres
probas finais, que terán lugar dentro do período de exames, na data
aprobada en Xunta de FFT.

O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida acollerse á avaliación continua deberá indicalo
ao profesor ao comezo do curso. Neses casos, terá que examinarse do 100%
da materia polo sistema de avaliación única, segundo as seguintes
porcentaxes: Lectura anotada: 25%,  EG: 25%, ECEE: 25%, ECEO: 25%. Para
aprobar a materia nesta modalidade, será necesario tamén obter 10/20 en
cada unha das probas finais, que terán lugar dentro do período de
exames, na data aprobada en Xunta de FFT.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

Na
segunda edición das actas (xullo), o alumnado, tanto de avaliación
continua como de avaliación única, examinarase exclusivamente da parte
da materia que non supere na primeira edición e manteranse as condicións
e as porcentaxes desta última. O exame correspondente terá lugar na
data aprobada en Xunta de FFT.

Notas xerais:

O plaxio
total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000