Nesta materia trátase de adquirir coñecementos intermedios de Lingua Portuguesa, chegando ao nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas, xunto con coñecementos sobre as culturas de expresión portuguesa no mundo.
Aviso importante para estudantes Erasmus: O ensino de Lingua Portuguesa na UVigo está dirixido a persoas que ten o Galego e/ou o Castelán como linguas maternas, de maneira que a progresión é rápida. Non se recomenda a inscrición a estudantes Erasmus que non teñan xa un nivel B2 nestas linguas e, como mínimo, un nivel B2 alto en Lingua Portuguesa.