A asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a asistencia e participación activa na aula. De igual maneira, para superar esta materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como a nivel persoal.
Recoméndase cursar esta materia tendo xa un nivel de lingua inglesa intermedio alto (equivalente a B2 do MCERL).
Recoméndase o uso dos recursos da Biblioteca para a preparación desta materia, así como consultar os materiais e anuncios que se fagan a través da plataforma Faitic. |